O Pleno de Ribeira abordará a adhesión do Concello á rede de cidades pola bicicleta

28 Febreiro 2022

O pleno ordinario de marzo (que, ao ser hoxe véspera de festivo local, aprazouse a este xoves día 3 ás 20 horas) abordará dentro da súa orde do día a adhesión do Concello de Ribeira á Rede de Cidades Pola Bicicleta (RCxB).

Trátase dunha proposta de alcaldía presentada no ánimo de promover no noso municipio o uso deste vehículo de transporte de forma segura e sostible. A RCxB é unha asociación creada no 2009 e composta
actualmente por 117 asociados que representan a máis de 550 municipios. Ten por obxecto desenvolver e facer máis segura a circulación dos ciclistas, especialmente no medio urbano, realizando todas as accións necesarias para impulsar a bicicleta como medio de transporte: por exemplo, a mellora e incremento da rede de itinerarios, tanto no ámbito urbano como interurbano, procurando incorporar correspondentes previsións presupuestarias para levalas a termo.
A solicitude inclúe tamén a adhesión ao sistema nacional de rexistro de bicicletas que, baixo a denominación de ‘BiciRegistro’, creou esta entidade para disuadir do roubo e facilitar a identificación do
propietario en caso de subtracción, dificultando deste xeito o seu comercio ilegal e posibilitando a recuperación dunha bicicleta desaparecida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...