O Rotogal Boiro Voleibol visitará ao San Sadurniño o mércores 16 de marzo ás 19.00 horas

25 Febreiro 2022


M.A.- O partido entre o San Sadurniño e o Rotogal Boiro Voleibol, correspondente á décimo terceira xornada da Superliga masculina, celebrarase finalmente o mércores 16 de marzo, ás 19.00 horas, no Pavillón Municipal de San Sadurniño.

O encontro aprazouse en dúas ocasións (o 8 de xaneiro e o 9 de febreiro) despois de que varios xogadores do conxunto local desen positivo por COVID-19.

O Rotogal Boiro Voleibol, que inicia esta tarde ás 20.00 horas a súa participación na Copa do Rei contra o Unicaja Almería, xa se asegurou a presenza no play off polo título da Superliga tras impoñerse o luns ao Teruel (0-3).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...