O Rotogal Boiro Voleibol entra en acción na Copa do Rei ante o líder da Superliga: o Unicaja Almería

24 Febreiro 2022

M. A.- Por segunda tempada consecutiva, o Rotogal Boiro Voleibol meteu a cabeza entre os oito mellores equipos de España e, por iso, gañouse o dereito a tomar parte na a Copa do Rei. Os da Cachada estrearanse na rolda de cuartos de final ante o Unicaja Almería, o actual líder da competición e un dos grandes favoritos a coroarse campión. O choque arrincará mañá ás 20.00 horas no Centro Insular de Deportes de Gran Canaria.

Para o Rotogal Boiro Voleibol, que contará con todos os seus efectivos, trátase da segunda participación na Copa do Rei. A pasada campaña, caeu en cuartos de final ante o Guaguas, que, ao cabo, coroaríase campión. “O equipo chega en óptimas condicións?, afirma o técnico Marcelo Benavídez, que agrega, en referencia ao cruzamento ante o Unicaja Almería, que “o que menos erros teña, seguramente terá moito ganado”.

O Unicaja Almería lidera con man firme a Superliga, competición na que só sufriu dúas derrotas até a data. O oposto Pavel Kukartsev é o referente do conxunto andaluz, no que tamén están a destacar os colocadores Porteiro e Jovanovic, así como o receptor Javier Jiménez Scull. No entanto, o fondo de armario do rival copeiro do Rotogal Boiro Voleibol é moi amplo, xa que internacionais como Juan Manuel González Limón ou Miguel Ángel Fornés tamén están ás ordes do técnico Manuel Berenguel.

O resto dos emparellamentos de cuartos de final, que se resolverán mañá, son os seguintes: Melilla Sport Capital-Río Duero Soria (ás 10.00 horas), Conectabalear Manacor-Teruel (ás 12.30 horas) e Guaguas-Feníe Energía Mallorca (ás 17.00 horas). En caso de vencer ao Unicaja Almería, o Rotogal Boiro Voleibol enfrontaríase en semifinais ao gañador do partido entre o Conectabalear Manacor e o Teruel.

Precedentes
Tempada 2021-2022
Unicaja Almería, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 1-Unicaja Almería, 3
Unicaja Almería, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...