“Infancia roubada”. José Manuel Pena

21 Febreiro 2022


Nas sociedades occidentais e as denominadas avanzadas preocúpanos
moito a protección da infancia. Paradoxalmente no mundo hai países onde os nenos son utilizados para a guerra, como escravos laborais e sexuais, para tráfico de órganos, para tráfico de armas ou de droga.
Son nenos coa infancia roubada, pola pasividade das autoridades nacionais e internacionais.
En África, decenas de miles de nenos foron secuestrados polos distintos grupos armados, obrigados a aprender o oficio perverso da guerra e reconvertidos en auténticas máquinas de matar. Para eles “matar
non é un pasatempo, senón a garantía da supervivencia. Se matas, non che matan…”
Para algunhas persoas que exercen labores humanitarios en certos países africanos, desde hai décadas, o seu soño para perseguir sería que “os gobernos occidentais comprometésense a poñer fin ao uso de nenos soldados nas guerras e ao vergoñoso tráfico de armas e diamantes ensanguentados”.
No libro de Gervasio Sánchez sobre “Salvar aos nenos soldados” pódense ler momentos dramáticos e horribles relatos das vivencias dalgúns deses nenos: “eu matei a un, saqueille o fígado e coloqueino
nun puchero. Era obrigatorio beber o sangue ou utilizala para lavarse a cara e as mans. Non había elección. Matábanche se te negabas, como tiñamos fame, comémonos/comémosnos as vísceras con pito e arroz…”
O peor de todo é que, desde a ONU a través do corpo dos “cascos azuis” necesita un triunfo diplomático internacional, tras os seus rotundos fracasos en Somalia e Ruanda, o ridículo en Angola, a humillación en Bosnia- Herzegovina onda pasividade en Timor Oriental. De novo, aparecían en Serra Leona con toda a súa crueza a síndrome africana e a ineptitude internacional, continuando con total impunidade a constante violación dos Dereitos Humanos.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.