O CEP Brea Segade presenta o venres 25 o segundo volume do seu “Cancioneiro escolar urxente”

21 Febreiro 2022

O venres 25 de febreiro, ás 17.00 horas, presentarase en Taragoña o segundo volume do Cancioneiro escolar urxente coordinado por José Luís do Pico Orjais e elaborado polo alumnado e profesorado do CEP Brea Segade. A presentación levarase a cabo no exterior deste centro educativo.

No acto ademais da presenza do coordinador, contarase con Uxía Bolaño Amigo (doutora en pedagoxía) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). A presentación acompañarase dunha intervención musical a cargo de profesorado do CEP Brea Segade.

No caso de climatoloxía adversa a presentación realizarase no Auditorio do CEP Brea Segade.

O Cancioneiro é un proxecto escolar de recuperación e posta en valor do patrimonio musical, cultural e lingüístico de Rianxo, que pretende facilitar a súa incorporación como recurso educativo e ferramenta de traballo en diferentes ámbitos, relacionados coa música e a cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.