“Modificar as normas, traballar en mellores condicións” – Antón Luaces

21 Febreiro 2022

IIdentificados os nove tripulantes do “Villa de Pitanxo”, a atención está posta agora en si Canadá reanuda ou non a busca dos doce mariñeiros desaparecidos no caladoiro de Terranova. Nas concentracións veciñais, nas reunións familiares, todo xira arredor da necesidade de atopar aos que, por lóxica, compre xa denominar finados. Doce homes vítimas do mar.

España comeza hoxe un período de tres días de loito. Pero o eixo desta xornada do luns, 21 de febreiro, está en Santiago de Compostela, aeroporto da Lavacolla, onde ás seis da tarde, vai aterrar o avión Airbús A-400 do Exército do Aire que devolve á súa terra cinco dos nove mariñeiros falecidos no naufraxio do conxelador marinense e os tres únicos sobreviventes desta traxedia. Serán recibidos polos seus familiares e o presidente do Goberno. No pensamento, que Canadá non abandone a busca ou que España, no caso de que non o fagan os canadenses, envíe a Terranova homes e medios na percura do rescate dos desaparecidos.

Cada vez cobra maior sentido o pensamento de que a maior parte deles, senón todos, permanecen no interior do barco. E de ser así (hai que comprobalo) procurar recuperar os corpos para lles dar sepultura na súa terra, a carón dos seus.

Xa se sabe que non é máis nada que un consolo. Pero é o menos que se pode conceder a quen leva chorando polos desaparecidos desque souberon quen eran os que non estaban nas listas de sobreviventes ou falecidos. Que volvan á casa é a reclamación. O demais, un complemento.

Para contribuír a pór solucións a un problema que se repite, a organización de titulados náutico-pesqueiros AETINAPE vai propoñer un consenso sectorial para regular a partir de que circunstancias meteorolóxicas os barcos teñen que, obrigatoriamente, parar a faena, deixar de pescar.

A catástrofe de Terranova vai ser estudada pola Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM). A análise a realizar aportará a luz necesaria sobre o acontecido.
Para AETINAPE é o momento de formular á frota española a adopción de medidas que xa rexen noutros países e que teñen que ver coa necesidade de parar os labores de pesca en condicións climatolóxicas adversas, de tal xeito que se garanta a seguranza das tripulacións e que o produtivismo non sexa prioritario en relación á vida humana.

A esixencia polas empresas dos mellores resultados non debe inducir -di Aetinape- a postergar a decisión de suspender o labor extractivo, malia que o traballo estea sometido a unha constante presión produtiva.

Hoxe é posible dispoñer de datos sumamente fiables sobre o tempo e, polo tanto, saber con antelación as previsións meteorolóxicas, doadas de consultar e que permiten tomar decisións automáticas. Por exemplo, a obriga de proceder a parar a extracción ante unha determinada forza de vento ou o estado do mar.

AETINAPE propón unha reflexión á Administración e ao sector pesqueiro para que -como xa acontece en países do Norte de Europa- a partir dunhas determinadas condicións meteorolóxicas (que algúns países establecen con forza 8 -de 40 ou 45 nós de vento)- obrigue aos buques a navegar “á capa” ou a arribar no porto máis próximo.

A normativa que promove AETINAPE deberá consensuarse en todos os ámbitos da pesca para establecer as condicións de competitividade entre buques e empresas, coa imprescindible mellora na seguridade das persoas a bordo.

Propón amáis AETINAPE que os buques rampeiros de nova construción estean dotados de rampas de guillotina, sistema que incrementa a seguranza das tripulacións ao tempo que a do buque, medida que tamén é obrigada en Francia e outros países da UE.

Engade AETINAPE que os pesqueiros deberían navegar dotados de equipamentos tecnolóxicos como dispoñer dunha áncora que evite embarrancar en caso de quedar sen máquina e un bote de rescate autoadrizable que permita a recollida dos tripulantes que caian ao mar. Tamén que os mariñeiros que faenan en augas frías utilicen un traxe que permita traballar na cuberta con normalidade e que, intrinsicamente, sexa illante, insubmerxible e dotado de baliza persoal de localización, semellante ao chaleque salvavidas. No caso de caída ao mar esta indumentaria permite que a temperatura do corpo do mariñeiro nos baixe máis de dous graos após seis horas de permanencia na auga, e non impide traballar a bordo coa operatividade axeitada.

A proposta de AETINAPE aposta nidiamente, segundo se deduce do texto, por retomar o que xa era norma obrigada en España vai anos: en caso de forte temporal, capear este ou entrar de refuxio no porto máis próximo. É dicir: non seguir pescando.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.