A comunidade youtubeira de Rianxo mostra talento este xoves en Santiago

02 Outubro 2019

20191002 O proxecto Youtubeir@s, un xeito creativo e participativo de transformar YouTube e outras redes sociais en fervedoiros de creatividade audiovisual en galego, chega este xoves 3 de outubro a un dos intres álxidos desta súa terceira edición, que xa está xa na recta final, impulsada polos concellos de Rianxo, A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña. A terceira edición do certame, que repartirá 6.500 euros nas diferentes categorías (que teñen o prazo de presentación pechado dende o 27 de setembro), celebra este xoves en Santiago o acto Lista de reprodución ao vivo.

Como dixemos, o Concello de Rianxo atópase entre as entidades organizadoras de Youtubeir@s, impulsando as actividades e favorecendo o espallamento de contidos audiovisuais en galego nas redes. Este labor do Goberno local e da veciñanza creativa rianxeira podemos velo no Facebook de Youtubeir@s Rianxeir@s, onde podemos seguir de preto as máis que relevantes contribucións artísticas locais.

Polo que respecta ao encontro deste xoves, a Lista de reprodución ao vivo, trátase dunha oportunidade para ver as facianas e escoitar os puntos de vista das creadoras e creadores que conforman a comunidade youtubeira, cada día maior e con mellores altofalantes.

Consistente nun encontro directo entre youtubeir@s e seareir@s, a Lista de reprodución ao vivo emula, segundo os impulsores do proxecto, “ás bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de xadrez simultáneas”, de xeito que as persoas creadoras agardarán no seu posto as visitas dos/as “espectadores/as”. Así, cada youtubeir@ levará temas preparados para analizar e o público, que irá rotando entre os diferentes postos, poderá realizar preguntas e interactuar cos “vídeos vivos”. Cada un destes encontros durará un máximo de 20 minutos. Ao final desta rolda individual, a segunda fase abrirase a todo o público para poñer en común e compartir experiencias. O acto estará dinamizado por Xandobela (profesionais da educación e da dinamización sociocultural). A cita será entre ás 18.00 e ás 20.00 horas no edificio CEA (Centro de Estudos Avanzados) da USC (Finca de Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Premios Youtubeir@s

Os Premios Youtubeir@s establecen este ano un total de catro categorías: vídeo-facermos (vídeos que mostran saberes e procesos de elaboración a través de titoriais), vídeo-opinarmos (exposición de opinións e valoracións sobre un tema de interese), vídeo-cantarmos (vídeos musicais con versións, composicións orixinais, adaptacións ou coreografías) e canles.

Amais destas catro modalidades, entregaranse distincións á creatividade, á eficiencia comunicativa, á calidade técnica e á calidade lingüística, recoñecementos decididos todos por un xurado “de recoñecido prestixio” que outorgará o premio durante a gala dos Premios Youtubeir@s, no mes de novembro. Por último, o certame conta cun premio do público que se entrega baixo o nome de #propostayoutubeira. En conxunto, Youtubeir@s repartirá un total de 6.500 euros en galardóns.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.