O BNG traslada ao Parlamento galego a necesidade “urxente” dun cuarto xulgado para Ribeira

11 Febreiro 2022

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha iniciativa parlamentar para instar ao Goberno galego a que realice as xestións oportunas para que de maneira inmediata Ribeira poida aumentar o persoal xudicial para crear o cuarto xulgado co que aliviar a saturación existente.

A parlamentaria Rosana Pérez Fernández lamenta que o desleixo do goberno galego co sistema xudicial galego é evidente pois, segundo detallou, entre o período 2010 e 2018, estando o Partido Popular no goberno da Xunta e do Estado español, apenas se crearon  crearon novos xulgados no país, agás no ano 2017 no que tan só se crearon 5 novas unidades en todo Galiza.

O BNG considera preocupante que durante unha década os recursos humanos e materiais dos partidos xudiciais das vilas e pobos de Galiza non experimentaron practicamente ningunha variación. Esta situación, para a deputada nacionalista é “clara expresión dunha estratexia deliberada e planificada dirixida á concentración da actividade xudicial nas denominadas sete grandes cidades”.

Os nacionalistas lembran que os xulgados de Ribeira teñen unha conxestión superior á media estatal e galega, pouco compatible cun boa prestación do servizo público, e cun ingreso de asuntos na vía civil superior ao módulo aprobado, carácter orientativo, polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Ministerio de Xustiza. A situación é de tal consideración que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou como indispensábel que Ribeira contase cun cuarto xulgado para poder responder ás necesidades mínimas e esenciais.

Ante esta situación e vista “a parálise do Goberno galego” para poder darlle unha solución ao colapso que sofre o sistema xudicial en Ribeira, o BNG rexistrou unha iniciativa no Parlamento para que se procure unha solución inmediata que garanta a desconxestión dos xulgados e que a cidadanía poida ter dereito a unha xustiza rápida e eficaz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.