“A remuda xeracional no mar pasa pola aportación da muller”. Antón Luaces

10 Febreiro 2022

​

Cando tantas voces cadran en Galicia en dicir que a remuda xeracional no mar é unha cuestión salarial e de condicións de habitabilidade a bordo axeitadas, un chega a pensar que a formulación dos armadores para cubrir as baixas nas tripulacións oculta as MALAS condicións laborais, os BAIXOS salarios -con maior uso dos que teñen que ver co feito de pescar ou non para poderen cobrar os tripulantes (salario á parte)-, as PROLONGADAS xornadas de traballo ou, entre outras cousas, a INCOMPATIBILIDADE ou conciliación do traballo coa vida familiar. Sexa como fose, o certo é  que o problema da carencia de remuda xeracional existe. Ata que punto é así, que as autoridades españolas optaron por poñer en práctica un recurso que non todo o mundo considera axeitado: outorgar a titulación necesaria a patróns que, na teoría, non poderían navegar exercendo como tales,  e barcos de maior eslora e navegar en augas para as que a súa titulación oficial non llo permite.Pero hai máis: xente de ponte e xente de máquinas -falamos de pesca de baixura- atopan con certa facilidade traballo en terra e con maior remuneración ou, cando menos, a mesma. Por que optan polo traballoi en terra?. Moi sinxelo: durmen na casa, estás con teus boa parte de cada día e “o mar é mollado”.

O mar, certamente, non resulta moi atractivo para as novas xeracións. E menos, se temos en conta esas eivas sinaladas, algunhas delas eliminadas nos últimos tempos. Por exemplo en cuestión salarial: hoxendía o que percibe un mariñeiro é perfectamente equiparable aos salarios en terra. Mais para a xente nova o mar ten un “handicap”: apenas deixa tempo libre para o esparcimento, para a xoldra, e os días festivos pasan polo calendario nun visto e non visto e non por iso se pagan máis que os de labor.

Solución?… No País Basco van dar entrada ás mulleres nas tripulacións dos seus pesqueiros. Están convencidos de que moitas mulleres en idade laboral poden atopar unha magnífica saída profesional, ben remunerada, con futuro e sen os antigos problemas -constatados en Galicia cando o exconselleiro de Pesca  Enrique López Veiga avanzou a súa intención de enrolar mulleres en barcos adicados á pesca do día- que ían desde a carencia das condicións necesarias a bordo para que unha muller traballara con homes, ata a non disposición de posibilidades de compatibilizar a vida familiar coa vida laboral. Mulleres nos pesqueiros do día. Pode ser unha saída para moitas delas, sabedoras de que en terra  van atopar poucos traballos nos que a súa remuneración sexa igual ca que perciben os homes. Será igualitaria no mar, no caso de que, efectivamente, se produza esa incorporación da muller ao sector pesqueiro?.

De ser así, solucionaríase un grave problema: o paro feminino en España é maior que o masculino; o paro é moito máis evidente en idades  de xente moza que na da xente de máis de 40 anos; o paro afecta máis na pesca ao persoal sen titulación que ao titulado. Tres aspectos que, por sí mesmos, animan a probar.

En mans da Xunta de Galicia está a probatura. Nada se perde con elo. E se deste xeito se pon remedio a un problema que leva anos producíndose, que mellor?.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.