Boiro leva a cabo un programa de actividades en materia de igualdade “Boiro contra a violencia”

09 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Feminismo e Igualdade, vai levar a cabo un proxecto dirixido á poboación xeral e ao alumnado dos centros de educativos para desenvolver accións de sensibilización en materia de igualdade de xénero. A concelleira de Feminismo e Igualdade, Dores Torrado, e a responsable de Nova Xestión Cultural, a empresa organizadora, Cristina González, presentaron esta mañá o proxecto “Boiro contra a violencia”.
O obxectivo desta proposta é desenvolver accións de sensibilización en materia de igualdade de xénero, que se van levar a cabo dende o mes de febreiro ata finais de xuño. Para levar a cabo este proxecto o Concello de Boiro conta co financiamento da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero no marco do Pacto de Estado conta a Violencia de Xénero.
“Temos que levar a cabo programas e accións conxuntas que nos permitan desenvolver políticas de igualdade ao longo do tempo para ver resultados”, afirma Dores Torrado.
“Unha das primeiras accións que se pretenden levar a cabo é a constitución dunha mesa municipal contra a violencia de xénero para traballar de forma conxunta contra a violencia de xénero no municipio”, afirmou Cristina González. Ademais vanse realizar actividades de prevención e sensibilización ante calquera forma de violencia contra as mulleres; accións formativas para atallar a fenda dixital; accións para a seguridade urbana con perspectiva de xénero; obradoiros de saúde afectivo sexual; a elaboración dunha guía- protocolo de actuación ante situacións de violencia de xénero e a incorporación de formación de linguaxe inclusiva entre a cidadanía e na administración local.
Na actualidade, dende a área de Igualdade do Concello de Boiro estanse desenvolvendo accións formativas en materia de igualdade de xénero e prevención de conductas sexistas. O vindeiro 12 de febreiro vaise desenvolver un taller de defensa persoal financiado pola Deputación da Coruña
e o día 23 unha formación impartida pola Escola Galega de Saúde do SERGAS para a detección de sinais de alarma en trastornos da alimentación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.