O Concello da Pobra recibe os fondos do IDAE relativos á renovación dos alumeados

09 Febreiro 2022

O Concello de Pobra vén de confirmar que a Administración local recibiu o ingreso por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) correspondente á subvención para a renovación e adaptación dos alumeados públicos. A contía ingresada ascende aos 554.027’80 euros, se ben o proxecto supuxo un investimento total de 733.874’12 euros e a diferencia foi asumida polas arcas municipais. A este respecto, o Goberno local lembra a actuación foi orzamentada en orixe en 941.439’00 euros e a axuda establecíase nos 753.151’00 euros, pero, tralo proceso de licitación, “produciuse unha rebaixa que redundou nas cifras anteriormente indicadas”.

A dita achega atópase adscrita ao programa destinado a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POPE 2014-2020).

A intervención efectuouse nun total de 2.671 puntos de luz dos 3.188 existentes no municipio, eliminando 31 deles e instalando 10 novos puntos para reforzar a iluminación nos pasos peonís. Estas novas luminarias son de tecnoloxía LED cun sistema de regulación. No relativo aos cadros de mando, procedeuse en 59 dos 62 existentes para adaptalos á normativa vixente. Así mesmo, substituíronse equipos de acendemento. Todo isto redunda nun aforro enerxético do 70’58%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.