A corporación municipal de Boiro aproba a conta xeral de 2018

01 Outubro 2019

20191001. Boiro celebrou onte unha sesión plenaria extraordinaria na que se debateron dous puntos e que contou coa ausencia de Juan José Dieste e Beatriz Deus, concelleiros do PP, e de Carlos Rodríguez, representante de Ciudadanos.

A primeira das cuestións a abordar foi a aprobación da conta xeral de 2018 que saíu adiante cos votos a favor do PSdeG-PSOE, PP e IC Boiro, a pesar dos votos en contra de Boiro Novo e a abstención do BNG.

Por outra banda, procedeuse á aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para o pago de facturas e aprobación inicial do expediente de modificación de créditos núm. 13/2019. Este asunto tamén saíu adiante cos votos favorables do PSdeG-PSOE e PP, exceptuando as abstencións do BNG, Boiro Novo e IC Boiro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.