Investigado un veciño de Rianxo acusado de roubar 60 varillas de aceiro empregadas nas bateas

08 Febreiro 2022

Un veciño de Rianxo permanece investigado como presunto autor dun delito de furto por levar do interior dunha embaracación 60 varillas de aceiro que se empregan para as vigas das bateas.

Segundo informa a Garda Civil, o suposto autor do furto foi identificado tras a presentación dunha denuncia por parte do dono da embarcación, que valora en 1.200 euros o custo do material subtraído.

Estas cabillas (varas de aceiro que se usan para encastrar as vigas das bateas) atopábase na adega do barco. O suposto autor do roubo foi localizado despois de que tentase vender o material nunha chatarrería da zona.

Tras ser identificado e asumir a autoría do furto, o investigado levou a un grupo de axentes do Instituto Armado ao monte onde escondera as baleas, situado nas proximidades da parroquia de San Ramón de Bealo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.