O alumnado do obradoiro de emprego forestal impulsado polo Concello de Boiro inicia a súa formación práctica na finca de Goiáns

02 Febreiro 2022

O alumnado traballador que participa no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns, impulsado polo Concello de Boiro, comezou esta semana a súa formación práctica na finca que lle dá nome á iniciativa, co obxectivo de contribuír a poñer en valor os seus importantes tesouros ambientais. Os traballos forman parte do contido formativo do programa, que inclúe aulas teóricas e adestramento práctico en espazos naturais do municipio, entre os que se inclúen a finca de Goiáns, precisamente.

A formación do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal está dividida en dúas especialidades. Unha parte do alumnado fórmase en Actividades Auxiliares en Conservación e outra parte en Mellora de Montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. O alumnado participante recibe formación específica na xestión forestal, teórica e práctica, á vez que se forma en competencias xenéricas no desenvolvemento de habilidades e busca de emprego.

En Goiáns o alumnado está a poñer en práctica os coñecementos adquiridos e levar a cabo traballos silvícolas para a recuperación e coidado das especies que se atopan na finca.

“Con este obradoiro, que combina a formación teórica e practica, o que se busca é mellorar a empregabilidade das persoas participantes”, afirma o alcalde José Ramón Romero.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro durante o curso 2021-2022, no que participan un total de 20 alumnos e alumnas entre as dúas modalidades. Para levar a cabo esta actividade o Concello de Boiro conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.