Os escolares dos colexios O Grupo e Bayón de Ribeira planta unha trintena de castiñeiros do Parque de San Roque

01 Febreiro 2022

A rapazada dos colexios O Grupo e Bayón estivo este martes 1 de febreiro no Parque Periurbano de San Roque para levar a cabo a plantación dunha trintena de castiñeiros. Trátase dunha nova actividade educativa do Concello coa que se busca “sensibilizar aos pequenos sobre a importancia do bosque autóctono, o medio ambiente e o respecto natureza” e, tamén, “dinamizar e poñer en valor esta inmensa área verde lindeira coa cidade de Ribeira”.

Os rapaces recibiron unha charla do técnico forestal Emilio Saborido, quen compartiu os seus coñecementos e ampla experiencia coas crianzas alí reunidas. Os trinta castiñeiros plantados foron achegados co patrocinio das empresas Clínica Veterinaria Ribeira, D’Muiño Obrador de Pan e Hola Mobi.

Ata alí achegáronse a tenente de alcalde María Sampedro e a concelleira de Educación Juana Brión, as cales observaron o labor desenvolvido xunto con Suso Bello, quen dende a pasada primavera está a pilotar os traballos para mellorar as prestacións do periurbano e incrementar o seu uso entre a veciñanza.

A plantación deste 1 de febreiro enmárcase no Proxecto Landra para a creación dun souto, coa finalidade de aportar maior diversidade no conxunto de especies vexetais na contorna, maiormente rexenerada con carballos, sobreiras, bidueiros, ameneiros, ou freixos. Desta volta púxose o foco nos castiñeiros, coa intención de “proporcionar saúde ao bosque, aumentar a masa forestal, e proporcionar alimento á fauna do lugar coa intención de atraer novos moradores ao parque”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.