Nova sesión plenaria ordinaria na Pobra

28 Xaneiro 2022

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste xoves 27 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación.

Novamente foi retransmitido a través do YouTube municipal, onde quen queira pode visualizalo.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Moción do grupo municipal do PP relativa á construción dun novo parque infantil público na parroquia de Santa Cruz. Denegada con 5 votos a favor (PP), 1 abstención (PSdeG-PSOE) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).

2. Moción do grupo municipal do PP relativa ó vertedeiro existente nas parcelas de titularidade municipal no Polígono da Tomada. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

3. Moción do grupo municipal do PP relativa á campaña de Nadal. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

Finalmente, procedeuse coa quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.