En marcha os traballos para unha nova distribución de espazos no porto de Palmeira

27 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira informa de que veñen de arrancar os traballos dirixidos á realizar unha nova distribución de espazos no porto de Palmeira de tal xeito que se dispoña unha área para o tránsito peonil, outra en paralelo para prazas de aparcamento e unha terceira para o tráfico rodado.
Neste senso, a brigada municipal de obras está procedendo á retirada de bolardos situados na fronte hostaleira e a reubicación dos bancos de pedra de tal xeito que permita estacionar unha vintena de
vehículos ao tempo que se afianza a seguridade viaria e o desenvolvemento dos labores portuarios.
Esta intervención ten lugar como resultado do acordo adoptado a semana pasada polo Concello de Ribeira coa Consellería do Mar e Portos de Galicia logo de obter o visto bo da confraría e propietarios
hostaleiros da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.