Barbantia estará presente no X Seminario pola Memoria e na presentación en Boiro de A noite do lobo

30 Setembro 2019

20190930 A Asociación Cultural Barbantia está a encarar o comezo do outono cun importante nivel de actividade literaria, histórica e reivindicadora. Faino en colaboración coas moitas entidades que organizan a décima edición do Seminario pola Memoria, que estes 4, 5 e 6 de outubro volverá poñer o foco na vidas silenciadas das persoas que loitaron contra o fascismo en Rianxo (o 4 de outubro), A Fonsagrada (o 5 e o 6) e Grandas de Salime.

Trátase dunha nova actividade de reivindicación e recuperación das nosas veciñas e veciños que loitaron a prol da liberdade tralo golpe militar do 36, todas e todos silenciadas/os pola crónica oficial dos feitos e da historia.

As actividades comezarán en Rianxo o día 4, no IES Félix Muriel, e contarán coa presenza do alcalde de Rianxo, o director do dito IES, os presidentes da Asociación Barbantia e a Nova Escola Galega. Amais, incluirán a proxección do documental O Novo Emden de Marcos Gallego e dunha visita á exposición 80 anos. Santiago 1936. Porén, o acto protagonista será a homenaxe ás mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo, que está prevista para as 20.15 horas. A concentración, un tributo extensíbel “a todas as mulleres represaliadas e solidarias”, celebrarase nas antigas dependencias do campo de concentración de Rianxo, no Castelo. Organizan o Concello, Nova Escola Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, o IES Félix Muriel de Rianxo e máis o colectivo Barbantia.

Nos días seguintes actividades trasladaranse á Fonsagrada. Podemos consultar no PDF habilitado pola Nova Escola Galega toda a relación de actos abeirados ao seminario.

Barbantia tamén colaborará en outro co impulso da literatura na nosa comarca. Máis polo miúdo, presentará a novela do escritor da Serra de Outes, Abel Tomé, A noite do lobo (Editorial Galaxia), Premio Illa Nova de Novela 2019, que será ás 21.00 h na tenda Baldani Concept Store de Boiro (rúa Pablo Iglesias, 10), que celebra o seu 18 aniversario. Na presentación estará presente, amais do autor, a a editora de Galaxia, Malores Villanueva, o socio de Barbantia, Xesús Laíño e o presidente a ABE, Daniel García Dosil.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.