Licitadas as obras de pavimentado e redes de auga na rúa Luís Pimentel de Aguiño

27 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación o proxecto de pavimentado e renovación da auga para consumo e pluviais na rúa Luís Pimentel en Aguiño.

Conforme ao proxecto técnico elaborado, o que se prevé é substituír os actuais servizos de auga potábel e pluviais por outros novos, utilizando por unha parte unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro e por outra un colector de PVC de 315.

Ademais, toda a calzada será pavimentada cunha mestura bituminosa en quente e o pavimento de beirarrúas e bordos que resulten afectados polas canalizacións serán repostos.

Esta iniciativa supón un investimento de 98.489,96 euros, IVE incluído, e está adscrita ao POS+2021. O prazo de duración das obras é de catro meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...