O Concello de Boiro executa obras de pavimentado nun rueiro en Cabo de Cruz

27 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de executar obras de pavimentado no rueiro na contorna da coñecida como praza do Lorcho en Cabo de Cruz. Esta actuación forma parte dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos que conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS).

A actuación que se levou a cabo en Cabo de Cruz consistiu na reparación dunha pequena rúa do casco vello, duns 50 metros de lonxitude e 1.5 metros de ancho, na que se renovou o servizo de auga para consumo e de recollida de pluviais. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron este 27 de xaneiro o lugar para coñecer o resultado da obra.

“O obxectivo desta actuación foi prestar un mellor servizo ás persoas maiores que viven no rueiro. O que buscamos con estas pequenas actuacións é mellorar os servizos dos núcleos de poboación do rural”, afirmou o alcalde. Xunto con esta actuación o Concello de Boiro actuou en outros puntos de núcleos importantes de poboación como nun tramo de beirarrúas en Goiáns, ou o pavimentado da rúa Nova.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.