O Diario Oficial de Galicia publica a oferta pública de emprego docente de 2022

27 Xaneiro 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público (OPE) docente para o ano 2022. Esta OPE docente acumúlase á de 2021 ata sumar un total de 2.628 prazas en 61 especialidades, que se rexerán polo sistema de oposicións habitual e non se verán afectadas polo cambio previsto polo Ministerio.

Nos vindeiros días publicarase a convocatoria das probas, que se celebrarán a partir do 18 de xuño para todas as prazas, agás as 144 procedentes do extinto corpo de profesores técnico de FP. Deste xeito, as persoas que están estudando oposicións poderán presentarse a un modelo de exame que xa coñecen e para o que se están a preparar.

No caso das devanditas 144 prazas, para convocalas é necesario que o Ministerio de Educación publique a nova lei de Formación Profesional, de tal xeito que quede claro cales das antigas especialidades do corpo de profesores técnicos de FP pasan ao corpo de profesores de ensino secundario e cales ao novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP.

A Xunta blinda así este proceso selectivo, diante da falta de solidez que presenta neste momento o borrador de real decreto presentado polo Ministerio de Educación, garantindo a celebración destas probas en verán, como é habitual. A maiores, no terceiro trimestre do ano, publicarase un concurso de méritos que dea cumprimento ao cambio que consolide finalmente o Goberno Central, e co que se superarán as 3.000 prazas convocadas en Galicia en total neste ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.