A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Carnota

25 Xaneiro 2022

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural, esclareceu un incendio forestal no concello coruñés de Carnota.
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica con sede en Santiago esclareceron un lume ocorrido o pasado 22 de xaneiro na parroquia do Pindo (San Clemente), no que se viron afectados 6.000 metros cadrados de superficie rasa.
Froito da investigación, os axentes identificaron a unha persoa como presunta autora do incendio debido a unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de restos forestais sen autorización. As rachas de vento fixeron que o lume prendera na vexetación próxima o que deu lugar ao inicio do incendio. O investigado recoñeceu os feitos e admitiu que non foi capaz de sufocar as lapas.
As dilixencias por estes feitos remitíronse ao xulgado de garda de Muros.
Trátase da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.