“Un macroparque eólico no Mar das Abarracidas”. Antón Luaces

21 Xaneiro 2022

As Abarracidas, nos baixos das Gabeiras, Prior, etc., cunha extensión dunhas 16 millas (4×4) é un referente estraordinario para a pesca de baixura galega, especialmente da cornixa noroeste. Aquí danse cita as frotas de arrastre, enmalle, artes menores, cerco, etc., e todas aquelas que teñen que ver coa pesca da sardiña (no seu tempo) e mesmo as do bonito (tamén no seu tempo), porque o das Abarracidas é un leito nai onde calquera barco pode autoabastecerse.Sen embargo,  semella que este importantísimo caladoiro ten os días contados: unha información que publica este venres o xornal coruñés La Opinión, da a entender que esta zona distante 30 quilómetros de Ferrol e 60 da Coruña, cunha extensión sete veces superior á da capitalidade provincial coruñesa, pode converterse en pouco tempo no xa presentado proxecto de macroparque da eólica mariña que ocupará unha superficie máxima de 268 quilómetros cadrados. Esta actuación está promovida pola empresa Parque Eólico Marino Nordés SL., sociedade formada por Bluefoat Energy e Sener Renewable Investments, esta última aliada recentemente co grupo Amper, a través do seu filial Nervión Naval-Offshore para o desenvolvemento e comercialización de tecnoloxía eólica mariña frotante.
Pola información do xornal coruñés sábese que o Ministerio para a Transición Ecolóxica  xa ten exposta ao público a documentación completa (uns 300 folios) do proxecto para a construción fronte á Costa Ártabra dun parque eólico mariño que terá unha superficie máxima deses citados 268 quilómetros cadrados, sete veces o tamaño da cidade da Coruña. Estará composto por 80 turbinas frotantes  de 143 metros de altura cadansúa ata o rotor. Oficialmente, o emprazamento  que se propón está situado fóra das principais áreas naturais protexidas “e permite un tendido viable tanto dos cables submariños como da conexión terrestre cunha afeción mínima a espacios naturais e hábitats protexidos”. Engásede ao sinalado que “non ten afecións significativas á navegación aérea (non afectando a ningunha servidume aeronáutica) ou marítima (non bloquea as principais rutas de navegación detectadas) e consigue tamén minimizar a afeción aos principais caladoiros explotados actualmente pola  frota pesqueira asociada aos portos da Coruña e Ferrrol”.Non son da mesma opinión os mariñeiros de Caión (porto moi afectado) ou de Malpica (que perde un dos seus máis importantes caladoiros tradicionais), así como as embarcacións dos portos próximos porque todos eles pescan nesta ampla área sargos, polbo, robalo, sardiña, xurelo, etc. Os ventos  domiñantes aquí son os do Nordés e Sur, supostamente atractivos para a empresa Parque Eólico Marino Nordés, SL. pola súa constancia e potencia.O espazo marítimo de ocupación efectiva por cada turbina en é equivalente a un círculo de aproximadamente 730 metros de radio, segundo a información publicada; e aínda así os datos do proxecto fan fincapé na mínima afección que o parque -industrial, para a Plataforma en Defensa da Pesca do Caladoiro Cantábrico Noroeste, que representa o avogado coruñés Torcuato Teixeira Valoria, secretario de FREMMS- pode causar á pesca nun caladoiro no que concorren numerosos barcos do Cantábrico. Este parque eólico disporá de plataformas frotantes utilizadas na cimentación dos aeroxeradores e as subestacións asimesmo frotantes. Unha vez instalado o conxunto plataforma-aeroxerador e da subestación eléctrica na área mariña de operación, procederase ao tendido do cableado submariño e a súa conexión en terra ata chegar á subestación eléctrica do polígono de Sabón (Arteixo). Todo isto significa unha moi importante ocupación da plataforma pesqueira,, motivo que fai pensar ao patrón e armador de artes menores José María Miguéns, que fora candidato a patrón maior da confraría de pescadores da Coruña, que pode resultar beneficiosa para a rexeración como ecosistema: “unha especie de arrecife para cría e engorde de distintas especies de peixe e marisco, que é o que na actualidade non temos”.Torcuato Texeira, moi ao contrario, fala do macroparque eólico como dun “polígono industrial” con todas as consecuencias negativas que este pode ter para o sector pesqueiro “xusto na zona NOR 3, das cualificadas como potenciais, habilitadas para a xestión mariña. Que a empresa presente este proxecto antes de que se manifeste o Ministerio, fai pensar que se van poder instalar nesta zona”. Engade Torcuato Teixeira que “din que non afecta á pesca, cando todos sabemos que non é así. Están a piques de sobrepasar a liña roxa que propuña a Comisión Europea  ao recoñecer esta plataforma como valiosa para a pesca”.É evidente que os estudos realizados pola empresa Parque Eólico Marino Nordés, SL.  conclúen que as calificacións desta zona permiten pensar que o negocio pode facerse aquí e que, moi probablemente, non vai haber atrancos para a súa realización reconvertindo o mar de Abarracide nunha especie de central eólica mariña que moi ben podería levarse a outra zona menos prexudicial para a pesca, especialmente para o arrastre -no que vai producir un impacto determinante- pero tamén ao enmalle, artes menores e cerco.

Outros artigos

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

+

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...

+

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...