O Concello de Boiro instalará unha cuberta no acceso aos campos de fútbol de Vista Alegre

19 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro executará as obras para a instalación dunha estrutura cuberta tipo pérgola no acceso aos campos de fútbol de Vista Alegre. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron na mañá deste 19 de xaneiro as instalacións para coñecer o proxecto.

Segundo confirmaron, no acceso aos campos de fútbol municipais de Vista Alegre non existe ningún tipo de acubillo para as inclemencias meteorolóxicas: “Con esta actuación o que se pretende é a execución dun espazo cuberto de 5 metros de ancho por 20 de lonxitude para abrigar tanto a zona de entrada como a zona de tránsito entre os dous campos de fútbol”, sinalaron.

A cuberta será de policarbonato e con protección solar.

Ademais da pérgola, vanse levar a cabo outras actuacións para a mellora dos servizos na instalación, como son os vestiarios. “É fundamental para a práctica deportiva contar con instalacións axeitadas, polo que seguimos traballando para mellorar os inmóbeis municipais”, afirmou o alcalde, ao que engadiu a edil de Deportes: “Esta actuación permite crear unha cuberta que sirva de abrigo das inclemencias meteorolóxicas ás familias no momento para a entrada e saída dos nenos e nenas nas instalacións deportivas de Vista Alegre”.

O orzamento das obras, que xa foron adxudicadas, ascende a 48.329,78 euros do remanente de tesourería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.