O vento non se presentou na primeira xornada da Liga de Cruceiros

17 Xaneiro 2022

Finalmente o vento non fixo acto de presenza na primeira xornada da Liga de Cruceiros. Despois dunha espera de máis de dúas horas nas inmediacións do porto pobrense, sede do Club Náutico Arousa Norte, o comité de regatas decidiu suspender esta primeira etapa pola ausencia case total de vento. A segunda etapa disputarase o sábado 29 con saída en Vilagarcía.

Ás 13:30, hora prevista para a saída, o comité de regatas anunciaba un adiamento indefinido ata que se desen as condicións para dar a saída á vintena de embarcacións inscritas para esta primeira manga da Liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022. A esa hora unha pequena brisa, duns 4 nós do nordeste, daba esperanza aos regatitas para a realización da proba, pero esa presión foi a menos e o esperado vento do sur que anunciaban os partes meteorolóxicos non deu chegado, circunstancia que levou ao comité a izar definitivamente o gallardete de intelixencia sobre Alfa, significativo de que non se celebraría a proba prevista para o día.

Como dixemos, a próxima manga será o sábado 29 baixo a organización do CN Vilagarcia, con saída prevista para as 13:30, onde as embarcacións inscritas realizarán un percorrido costeiro polo interior da ría de Arousa.

O cartel de favoritos preséntase moi amplo e variado, e calquera embarcación en liza pode levar as honras nunha liga que consiste en 6 probas con 1 descarte por embarcación, circunstancia que “abre aínda mais o abanico”, segundo informou o Club Náutico Arousa Norte.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.