Noia renovará o 14 de febreiro a actividade marisqueira

16 Xaneiro 2022

O 14 de febreiro é a data acordada polo cabido da confraría de Noia para o regreso dos máis de 1.500 produtores aos areais.

Pola contra o banco da Misela, un dos máis importantes da concesión, permanecerá pechado para preservalo para a próxima campaña e co propósito de efectuar sementas. A actividade extractiva manterase ata o 13 de abril.

En canto aos topes, para o sector de a flote poderán collerse sete quilos de berberecho por tripulante, tres tanto de ameixa xapónica como de babosa, e dúas de fina.

En canto ao colectivo de a pe, cada mariscador poderá coller catro quilos de berberecho, tres de ameixa xapónica e babosa, e un par de fina.

A primeira fase concluíu o 4 de xaneiro, con baixos prezos debido á caída de vendas polas cancelacións de comidas nos restaurantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.