‘Of fathers and sons’ e ‘Sheikh Jackson’ na xornada de hoxe do AMAL

27 Setembro 2019

20190927. Dentro do Ciclo de Cine Euroárabe AMAL en ruta, Rianxo contará hoxe co visionado de Of fathers and sons, de Talal Derki – ás 20.30 horas- e Sheikh Jackson, de Amr Salama -ás 22.30 horas-. O primeiro trátase dun documental onde o director vive durante dous anos coa familia de Abu Osama, membro do grupo Al-Nusra, a rama de Al-Qaeda en Siria. Alí será testemuña de como os rapaces son adestrados desde pequenos para converterse en soldados da xihad. Amósaselle ao espectador que significa crecer cun pai que cre profundamente nunha sociedade que vive baixo as leis da sharía.

Os dous nenos, Osama e Ayman, adoran e admiran ao seu pai, polo que obedecen as súas palabras, pero mentres Osama parece seguir o camiño da xihad, Ayman quere volver ao colexio. A pesar de ser un especialista en bombas e minas, Abu Osama tamén quere aos seus fillos.

Despois de gañar o Gran Premio do Xurado en Sundance, o director Tatal Derki chega con esta historia, a través do día a día de dous nenos, para amosar a complexidade e a traxedia do conflito que se vive en Siria actualmente.

Por outra banda, o segundo filme narra como a fe dun imán mozo cae en picado cando coñece a repentina morte de Michael Jackson, de quen era un antigo devoto. Pero, que ten un imán en común co Rei do Pop? E, poderá el volver á súa vida normal ou os seus recordos e relacións cos seus seres queridos suporán a pregunta máis importante na súa mente? É el ‘O Xeque’, Jackson ou ambos?

Amr Salama dirixe esta ficción despois de Excuse My French e Asmaa. Ademais, co-escribe o guión xunto ao debutante Omar Khaled.

Mañá, sábado 28, rematará o ciclo coa proxección das pezas audiovisuais Ghost Hunting, de Talal Derki -ás 20.30 horas-; e El Cairo confidencial, de Tarik Saleh -ás 22.30 horas-.

As entradas son de balde e ata completar a capacidade da sala Arcos Moldes do Auditorio municipal, desde unha hora antes das sesións.

Este evento, organizado en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, percorre o cine árabe actual. A cita trátase dunha versión resumida da Semana do Cine Euroárabe AMAL 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.