A ferida do vento, de Riveiro Coello, centra a vindeira sesión do Club de Lectura de Boiro

26 Setembro 2019

20190926 A novela curta A ferida do vento, que narra en clave de semi-ficción (nela, a liña que separa o biográfico do inventando preséntase fina e complexa de albiscar) a primeira mocidade en Xinzo de Limia do escritor Antón Riveiro Coello, será o eixe arredor do que xire a vindeira sesión do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Boiro, unha actividade mensual para estreitar as ligazóns da comunidade lectora local, e tamén para xerar un espazo onde compartir experiencias creativas. A cita está fixada para o vindeiro 24 de outubro, ás 18.30 horas. Ao longo desta semana aínda estará aberto o prazo para inscribirnos na actividade.

Riveiro Coello, escritor limiao pero boirense de adopción, rendeu en A ferida do vento, unha das súas máis recentes novelas, unha sentida homenaxe ás xentes de Xinzo e a súa contorna, boa parte dela tocada polo vento que corre libre pola chaira de Antela, xentes que acompañaron a súa nenez e a súa mocidade e entre as que se inclúe outro novelista referencial das nosas letras, Carlos Casares, que na novela de Riveiro Coello figura como un personaxe máis e que chega a deixar pegada en parte do argumento (un tributo, tamén, a A rapaza do circo, un dos contos máis célebres da nosa literatura, incluído en Vento ferido de Casares).

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.