Gripe aviaria: Ribeira e O Son entre os concellos nos que as galiñas teñen que estar confinadas

13 Xaneiro 2022

A aparición dun brote de gripe aviaria en aves de Lleida fixo saltar todas as alarmas e as autoridades de toda España están a tomar medidas para evitar a propagación do virus entre aves salvaxes e domésticas. O contaxio é fácil se hai contacto entre unhas e outras e de aí a prohibición de que galiñas ou pitos estean ao aire libre as próximas semanas.

A comunidade científica non ten constancia polo momento de que poida haber un salto da enfermidade aos seres humanos, pero por precaución decretouse a prohibición de criar galiñas ou patos ao aire libre en 34 concellos de Galicia. Noutras comunidades como Cataluña a medida aplícase a toda o territorio rexional, no caso galego hai unha recomendación xeral e unha prohibición nas zonas nas que hai máis presenza de aves salvaxes.

Así en Galicia o confinamento de aves domésticas afecta as zonas de especial risco ( ZER) formada polos municipios da Illa de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Ribadumia e Vilanova de Arousa

Tamén se inclúen na prohibición os concellos de especial vixilancia ( ZEV) : Porto do Son, Ribeira, Dumbría, Mazaricos, Ortigueira,, Vimianzo e Zas, na provincia da Coruña; Ribadeo e Trabada, na de Lugo; Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense; e A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, na de Pontevedra.

Ademais de confinar ás galiñas prohíbese que beban de auga á que teñan acceso tamén as aves salvaxes, porque ese podería ser tamén un foco de contaxio da gripe aviaria.

Outra das medidas acordadas pola Xunta de Galicia é a prohibición de cría conxunta de patos e gansos con outro tipo de aves domésticas.

Este tipo de prohibicións aplícanse tanto ás explotacións comerciais de aves como aos currais particulares. Ademais as autoridades autonómicas anuncian inspeccións para comprobar que se están cumprindo estas medidas preventivas para evitar a propagación da gripe aviaria entre a fauna doméstica.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...