A festividade de San Amaro de Bexo acolle este sábado unha actuación da cantante Su Garrido

12 Xaneiro 2022

Con motivo da festividade de San Amaro de Bexo, no concello de Dodro, este sábado día 15 de xaneiro a Eira da Malla de Bexo acollerá a actuación de Su Garrido. Trátase dunha actividade abeirada ao Proxecto Emerxe Ulla, prevista para a devandita xornada do día 15 a partir das 17.30 horas. En caso de choiva farase no Local Social do Montiño en Imo. A cita vén da man da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Dodro.

Susana Garrido Pombo é unha cantante, e compositora galega, natural de Vigo. O seu estilo abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.

Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo Treme (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco. En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.