Logo do paso da fronte durante a noite, xa nas horas diúrnas do domingo agárdanse ceos parcialmente nubrados, con tendencia á apertura de claros no leste, pero con nubes máis compactas en Pontevedra e sur da Coruña onde poderán rexistrarse algunhas chuvias febles e intermitentes. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

O NOSO MAR: Vento do sur, forza 3 a 5. Marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:13 | 3.8 m |
| Baixamar | 09:26 | 0.5 m |
| Preamar | 15:42 | 3.7 m |
| Baixamar | 21:47 | 0.5 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:05 | 3.8 m |
| Baixamar | 09:19 | 0.5 m |
| Preamar | 15:34 | 3.7 m |
| Baixamar | 21:39 | 0.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:10 | 3.8 m |
| Baixamar | 09:23 | 0.5 m |
| Preamar | 15:39 | 3.7 m |
| Baixamar | 21:43 | 0.5 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



