Rianxo, Dodro, Rois e Padrón coa Xunta poñen en marcha o Programa Integrado de Emprego de Emprego

29 Decembro 2021

Xa está en marcha o proceso de selección dos participantes no Programa Integrado de Emprego de Concello de Dodro 2021/22, organizado conxuntamente polos Concello de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial dos catro concellos participantes, que estean inscritas como demandantes de emprego na oficina correspondente e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración.
O obxectivo principal do programa é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos/as participantes a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento, formación para o emprego, talleres de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, realización de prácticas non laboráis e fomento do emprendemento.
O programa desenvolverase nos próximos meses e ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do 37% das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica e téxtil.
Os beneficiarios do programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás accións do programa.
As persoas desempregadas que desexen participar deben de estar dadas de alta na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e interesadas na realización deste tipo de programas. Tamén se ofrece a posibilidade de solicitar a participación no procedemento de selección directamente no Concello de Dodro, a través do departamento municipal de emprego, acudindo ao concello ou chamando ao 981802062

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.