O inventario de camiños da Pobra actualizarase no vindeiro ano

22 Decembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal procederá no primeiro trimestre do próximo exercicio a actualizar o inventario de camiños municipal, unha vez finalizado o proceso de revisión das preto de mil vías do termo municipal, segundo
anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra).
Destacaron tamén a importancia deste rexistro e da revisión do mesmo por parte da veciñanza, pois constitúe a ferramenta previa que descarga tódolos datos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Tras a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), os veciños e veciñas disporán de 20 días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas no que respecta a este inventario.
Cómpre indicar que as persoas que xa presentaron as súas alegacións nos últimos anos non teñen que volver a repeti-lo proceso.
Para calquera dúbida ou a consulta do inventario, a cidadanía pode dirixirse ao departamento de Urbanismo, situado na planta baixa da casa consistorial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.