A Milla Heroínas de Sálvora recupera o formato presencial e potencia a súa vertente solidaria

20 Decembro 2021

Co gallo dos 101 anos exactos do afundimento do vapor Santa Isabel, este domingo 2 de xaneiro de 2022 celebrarase a terceira edición da Milla Solidaria Heroínas de Sálvora. A proba, segundo confirmou este luns 20 o concelleiro de Deportes, Javier Sampredro, recupera a versión presencial logo de que a última convocatoria tivera lugar de xeito virtual.

Sampedro e a súa compañeira Juana Brión presentaron o certame xunto a psicóloga responsábel do centro da Asociación A Creba en Ribeira, Montse Vila, e puxeron o foco na vertente solidaria da actividade: a recadación ira destinada a este colectivo que traballa a prol da integración das persoas con problemas de saúde mental.

O percorrido da carreira terá lugar polo porto de Aguiño. Poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha clasificación conxunta. A cita arrancará ás 11 da mañá coa categoría biberóns para dar paso a continuación ao resto de categorías inferiores e á milla zapatilla inclusiva antes de dar paso, ás 12.45 horas, á categoría absoluta cunha distancia de 1.609 metros.

As inscricións débense formalizar na páxina galitiming.com. O custe é de 5 euros para as categorías a partir de sub-14 para arriba, mentres que nas inferiores a competición é gratuíta.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada milla, agás nas probas de biberóns e prebenxamín, e sub 10-sub 12 nas que os corredores recibirán unha medalla.

Cómpre lembrar que na primeira edición participaron preto de 180 corredores en tanto que na segunda, virtual, foron 119 os asistentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.