Outes presenta o roteiro das fervenzas de San Paio e Gliptógrifos da Carballa

17 Decembro 2021

O Concello de Outes vén de presentar un novo roteiro de sendeirismo que reforza a súa oferta de turismo de natureza. O roterio ofrece a posibilidade de coñecer a zona interior do concello xa que as protagonistas son as parroquias de San Lourenzo, Valadares e Outes.  Presenta un percorrido circular de 23,5 km que nos permitirá gozar dun itinerario de grande interese natural e cultural, coa carballeira e as fervenzas de San Paio e os Gliptógrifos da Carballa como puntos máis atractivos. O roteiro iníciase na propia Serra de Outes para seguir o curso do río Tins por unha contorna natural espectacular ate chegar a parroquia de San Lourenzo, onde se poderán visitar os vestixios da Torre dos Mouros e a Igrexa de San Lorenzo de Matasueiro. Logo ascéndese cara o lugar de Gosende, na parroquia de Valadares, a través da paisaxe debuxada pola carballeira de San Paio, tras pasar pola capela homónima e visitar as fervenzas, tomando un desvío de 500 metros. Desde Gosende continuamos cara Valadares, onde pasaremos pola Igrexa de San Miguel de Valadares. Desde aquí, o trazado transcorre por paisaxes agrogandeiras das terras altas de Outes cara o espazo arqueolóxico dos Gliptógrifos da Carballa, con vistas ao val de Carleo, conformado polo río Bendimón. Desde os gliptógrifos, atravesa o val para ascender desde Carleo de Abaixo aos montes da Vaqueira e descender cara Cambeiro de Arriba, uníndonos co trazado do Camiño de Santiago da Ría de Muros-Noia cara a Serra de Outes.

Este novo roteiro que se pon en funcionamento dende o Concello de Outes pretende dar continuidade á planificación que se ven realizando nos últimos dous anos, nos que se puxeron en marcha os roteiros do Tremuzo, o do Tambre e o dos Carpinteiros cos Pes Mollados. O roteiro é apto para practicar sendeirismo aínda que tamén se pode realizar en bicicleta na súa totalidade. Pódese atopar máis información sobre a oferta de roteiros do concelo na páxina web de turismo: https://turismo.outes.gal/

A sinalización deste novo roteiro contou co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a través da liña de axudas para a mellora de infraestruturas turísticas.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.