As altas presións continuarán unha xornada máis estacionarias ao norte da península Ibérica polo que a estabilidade seguirá a ser predominante. Isto quere dicir que agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con néboas matinais no interior localmente persistentes e intervalos de nubes altas no resto que non impedirán o paso do sol. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente leste.
Empeza a emporalo tempo a partir do luns.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1 metros á tarde.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:08 | 3.5 m |
| Baixamar | 09:17 | 0.9 m |
| Preamar | 15:17 | 3.3 m |
| Baixamar | 21:22 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:15 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:26 | 1.0 m |
| Preamar | 15:32 | 3.2 m |
| Baixamar | 21:32 | 1.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:57 | 3.5 m |
| Baixamar | 09:07 | 0.8 m |
| Preamar | 15:06 | 3.3 m |
| Baixamar | 21:15 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



