Ribeira retoma a ruta BTT do nadal con dous percorridos alternativos de 27 a 43 quil. e limitado a 200 participantes

17 Decembro 2021

Despois de dous anos o Concello de Ribeira retoma a súa Ruta BTT do Nadal cunha undécima edición que terá lugar o vindeiro domingo 9 de xaneiro. O concelleiro de Deportes, Javier Sampedro, e Eduardo Iglesias en representación da Asociación Arousa Neo deron a coñecer as características desta convocatoria que, dada a situación covid, verá
limitado o seu número máximo de participantes a 200.
A cita, de carácter non competitivo, contará con dúas rutas a escoller entre os ciclistas: unha de 27 kilómetros de dificultade baixa ou outra de 43 kilómetros de dificultade media que segue o trazado anterior incorporando a maiores tramos máis esixentes.
Tanto a saída (ás 9 da mañá) como a chegada serán no Complexo da Fieiteira. O percorrido terá un arranque urbano para logo pasar por diversos itinerarios clásicos desta ruta como o dolmen de Axeitos, San Alberte ou San Xián de Artes. Arousa Neo estase a encargar de poñer a punto os camiños.
Tendo en conta os condicionantes covid, verase de que xeito se pode organizar o pincho final con que tradicionalmente conclúe esta cita.
Inscricións
As inscricións, que teñen un prezo de 6 euros, pódense formalizar ata o día 5 de xaneiro ás 11 horas na páxina web galitiming.com aínda que dada o interese mostrado dende que se anunciou a celebración do certame (que en edicións anteriores adoitaba congregar medio milleiro de participantes) o máis seguro é que as prazas se esgoten nuns poucos días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.