Avanza o Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro coa constitución do seu consello asesor

16 Decembro 2021

O consello de dirección do Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro reuniuse este 16 de decembro no Centro de Interpretación do Castro de Baroña para celebrar unha nova xuntanza de traballo. No seu transcurso constituíuse o consello asesor, aprobáronse os pregos do plan director do parque e presentouse un avance da imaxe corporativa e da páxina web do proxecto. Na reunión participaron representantes da Deputación da Coruña, dos municipios da Mancomunidade Barbanza Arousa e dos Concellos de Porto do Son e de Dodro.

No novo consello asesor, segundo se fixo saber, participarán a Deputación, a Universidade da Coruña e a Dirección Xeral de Patrimonio. Ficou formado amais por técnicos dos departamentos de Turismo dos concellos, especialistas en arqueoloxía que desenvolven o seu traballo nos centros de interpretación asociados aos castros que constitúen os recursos do parque e en institucións como a Universidade de Santiago de Compostela ou o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

As partes implicadas comprometéronse “a avanzar no obxectivo de xestionar, de maneira conxunta, a promoción do patrimonio arqueolóxico, a posta en valor dos recursos históricos, a promoción do turismo cultural e de calidade e a cooperación institucional como os principais eixos do convenio de colaboración”.

“A Deputación”, sinalou o vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, “suma forzas cos concellos para facer do patrimonio arqueolóxico un atractivo máis para o sector turístico nunha comarca con múltiples e diversos atractivos”.

O consello de dirección confirmou que o Plan Director da Idade do Ferro recollerá as actuacións a realizar no castros de As Cercas (Rianxo), Neixón e O Achadizo (Boiro), Croa de Posmarcos (Pobra do Caramiñal), A Cidá (Ribeira), Baroña (Porto do Son) e Bexo (Dodro). “Falamos dun territorio”, explicou Regueira, “que presenta a maior densidade de castros investigados cientificamente, que xa aparece identificado desde fontes clásicas romanas e que conta cun relato arqueolóxico común que ten o seu cerne na evolución da sociedade na Idade do Ferro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...