O PPdeG demanda á Xunta que siga mellorando o servizo de transporte entre Muros e Noia e Barbanza

15 Decembro 2021

O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo demandou hoxe no Parlamento galego que a Xunta continúe coas actuacións necesarias para mellorar as comunicacións entre as comarcas de Muros e Noia e a da Barbanza, nomeadamente entre Noia e Boiro e Noia e A Pobra do Caramiñal. Así mesmo, solicitou que se inclúa na futura Área de Transporte de Galicia a todos aqueles concellos da comarca de Muros e Noia que o soliciten.
Rubén Lorenzo explicou que “os percorridos e horarios das liñas de autobús interurbano dependentes da Xunta están en permanente cambio para adaptarse o máis posible ás necesidades dos usuarios”. “Hai que detectar o desaxuste ou coñecer a nova necesidade, analizar o seu alcance e repercusión, traducilo en melloras concretas e encaixalo no conxunto da programación”, concretou.
VANTAXES PARA TODA GALICIA
Na súa intervención o deputado popular lembrou que a Xunta prevé implantar o vindeiro ano a Área de Transportes de Galicia, que permitirá estender a toda a comunidade autónoma as vantaxes asociadas ao transporte metropolitano e, deste xeito, suporá a desaparición das distintas áreas existentes na actualidade.

Deste xeito, manifestou que “non ten moito sentido atender a solicitude feita polo BNG de incorporar neste momento aos concellos das comarcas de Muros e Noia na área de transporte metropolitano de Santiago, xa que está prevista a desaparición desta área de transporte e algúns dos concellos implicados xa amosaron o seu interese por integrarse na futura Área de Transporte de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.