Segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre na Pobra

15 Decembro 2021

O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, será escenario no 19 de decembro da segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre iniciadas a finais do mes de novembro e que organiza a Secretaría Xeral
para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Esta cita deportiva comprende as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil. O horario previsto no que transcorra é de 10.00 a 13.00 horas. Reúne as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura.
Seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.