Servizos Sociais de Ribeira mellora a axuda no fogar cun novo sistema de rexistro de horario dos coidadores

15 Decembro 2021

No ánimo de seguir mellorando o Servizo de Axuda do Fogar ás persoas en situación de dependencia, a Concellería de Servizos Sociais de Ribeira vén de implantar un novo sistema de xestión que, entre outras funcionalidades, permite rexistrar do horario de entrada e saída do auxiliares coidadores.
Este rexistro faise a través dunha liña de teléfono gratuíta 900 á que a persoa auxiliar debe chamar dende o dispositivo do usuario tanto á entrada como a saída do fogar. Así, coa implantación desta nova funcionalidade, que non supón ningún custe adicional, pódese garantir o cumprimento escrupuloso do horario estipulado.
Dende a Concellería que dirixe Ana Barreiro se está a comunicar a novidade a todas as persoas usuarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.