A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro colaboran na organización dun campus de voleibol

14 Decembro 2021

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, asinaron este 14 de decembro un convenio para financiar a celebración dun campus de voleibol na vila. Fixérono na sede da institución provincial, onde deron a coñecer os detalles do acordo. A celebración do campus abéirase á programación deportiva que o Concello de Boiro desenvolve para fomentar e promover o deporte de base en distintas modalidades.

Segundo explicou José Ramón Romero, “Boiro conta cunha importante actividade deportiva e con preto de 300 nenos e nenas que participan nas escolas deportivas de voleibol”. Con este campus, engadiu, “ofrecerase un servizo dirixido a todos os rapaces e rapazas, de entre 8 e 16 anos, do municipio e a comarca”. Asemade, engadiu que “esta actividade complementa o campus de volei praia que se desenvolve durante o verán e as escolas deportivas de voleibol que se realizan durante o curso escolar”.

Alén de promover a práctica do devandito deporte, esta actividade ten como obxectivos específicos “o desenvolvemento xeral da motricidade, motivar aos nenos e nenas no proceso de aprendizaxe, fomentar o traballo en equipo e os valores de respecto que implican a práctica deportiva en equipo”.

O importe total deste convenio para a celebración dun campus de voleibol é de 20.000 euros, dos que a Deputación da Coruña aporta 16.000 e o Concello de Boiro faise cargo do restante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.