O alumnado do IES A Cachada comparte co Concello as súas propostas para mellorar a sustentabilidade de Boiro

13 Decembro 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo, Luís Ruiz, visitaron o IES A Cachada na mañá deste luns 13 de decembro para conversar co alumnado sobre os proxectos que se desenvolveron no propio centro docente, que participa en diferentes proxectos de innovación educativa.

Un destes proxectos leva por nome Boihouse e, con el, o alumnado de 3º da ESO na materia de tecnoloxía está a realizar un estudo para deseñar propostas urbanísticas e medioambientais que melloren o municipio dende un punto de vista ecolóxico e sustentábel.

As e os estudantes amosaron a José Ramón Romero e a Luís Ruiz os detalles das propostas nas que están a traballar na aula “para un Boiro máis sustentábel e con meirande calidade de vida”, e que contemplan unha posta a punto do transporte público e máis a ampliación do carril bici para reducir a mobilidade en vehículos privados e as emisións; segundos usos para os edificios municipais ou a implementación das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) na xestión municipal.

O alumnado está traballando tamén, mediante o Equipo de Dinamización da Lingua, na creación dun fondo bibliográfico no que se recollan as publicacións sobre o concello. O proxecto Biblioteca Boiro ten como obxectivos divulgar as publicacións locais, afondar no coñecemento do patrimonio cultural, histórico e paisaxístico e ofrecer material e recursos didácticos aos departamentos.

Amais, o persoal do departamento de medio ambiente realizou este luns 13 de decembro dúas charlas para o alumnado de 3º da ESO sobre o abastecemento da auga e o saneamento. O obxectivo destas charlas foi mostrar as distintas fases do subministro da auga que compoñen o seu ciclo e dar a coñecer cales son os problemas que poden ocasionar as malas prácticas no mantemento da rede.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.