Felipe Benavídez e José Carlos Romero, xogadores do Rotogal Boiro Voleibol, convocados para o partido das estrelas

11 Decembro 2021

Miguel Álvarez.- O Rotogal Boiro Voleibol contará con dous representantes no partido das estrelas da Superliga, que se disputará o 28 de decembro ás seis e media da tarde no Multiusos de Guadalaxara. Trátase do receptor Felipe Benavídez e o oposto José Carlos Romero. Os dous xogadores do conxunto da Cachada poranse ás ordes dos técnicos Lluis Enric Molada (Conectabalear Manacor) e Diego Taboada (Arenal Emevé) no equipo branco.

Felipe Benavídez

Felipe Benavídez, que cumpre a súa segunda campaña no Rotogal Boiro Voleibol, foi incluído dúas veces no equipo ideal da xornada na presente tempada. José Carlos Romero, pola súa banda, foi o MVP da sexta xornada do campionato.

José Carlos Romero

A elaboración dos persoais foi realizada polo departamento técnico da Federación Española de Voleibol, que tivo en consideración a distribución das posicións e as estatísticas acumuladas até a sétima xornada da Superliga. Os xogadores do Rotogal Boiro Voleibol terán como compañeiros no partido das estrelas a representantes do Conectabalear Manacor, Melilla, Arenal Emevé, Ushuaïa Eivissa, Teruel e Unicaja Almería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...