Marcelo Benavídez prevé un partido “de igual a igual” ante o Feníe Energy Palma

09 Decembro 2021

Miguel Álvarez.– Despois de disputar as dúas últimas xornadas a domicilio, o Rotogal Boiro Voleibol regresa á fortaleza da Cachada. Faio co billete para a Copa do Rei debaixo do brazo e coa ambición de pechar a primeira volta con bo sabor de boca. Recibe pasadomañá ao Feníe Energy Palma, conxunto que lle precede na clasificación da Superliga, ás 18.00 horas. Marcelo Chino Benavídez, preparador dos boirenses, define aos mallorquinos como “un equipo con moi boas individualidades que non tivo un gran comezo de liga pero isto debeuse seguro a varios factores como as lesións ou o cambio de adestrador”. E engadiu: “Nas últimas xornadas han ir atopando a forma e calculo que van ser un rival difícil para disputar un partido de igual a igual”.

O Rotogal Boiro Voleibol selou a clasificación para a Copa a pesar de perder o sábado en Lugo. Agora, desde a oitava praza da Superliga, Benavídez comenta que “seguimos a buscar a mellor posición na fase regular para xogar o play off. A clasificación para a Copa era un primeiro obxectivo. Quereriamos acabar máis arriba do que o fixemos, pero non soubemos resolver algúns resultados e agora toca pelexar polo sétimo posto con Palma”.

Unha das dúbidas de cara ao choque que se disputa pasadomañá na fortaleza da Cachada é coñecer se o Rotogal Boiro Voleibol poderá contar con todos os seus efectivos para recibir ao Feníe Energy

Palma. “Non estamos ao cento por cento, algúns xogadores están con algunhas molestias e veremos se podemos recuperalos para o sábado”, engadiu o adestrador.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.