O Rotogal Boiro Voleibol aspira a selar a clasificación para a Copa do Rei na cancha do Arenal Emevé

03 Decembro 2021

M. A.- Esta finde o Rotogal Boiro Voleibol vai afrontar o seu segundo derbi galego do curso. Os da Cachada visitan este sábado ao Arenal Emevé nun encontro que pode servir como trampolín para obter a clasificación para a Copa do Rei. Para iso, os de Marcelo Benavídez deberán vencer ao conxunto lucense no duelo que comeza ás 20.00 horas no Pavillón Municipal.

O Rotogal Boiro Voleibol comparecerá na cidade da muralla coa moral reforzada despois dos últimos resultados cultivados na Superliga e coa dúbida de Felipe Benavídez. O receptor arxentino, que non puido acabar o choque do pasado domingo ante o Melilla por unhas molestias na zona abdominal, permaneceu toda a semana entre algodóns e a súa presenza na cancha lucense este sábado non está asegurada.

El Arenal Emevé, noveno clasificado da Superliga, apura as súas opcións para acceder á Copa do

Rei. Os lucenses Mario Dovale e Víctor Bouza son dous dos referentes dun equipo que o pasado verán reforzouse cos arxentinos Joaquín Alzueta e Agustín Bruschini. O obxectivo primeiro dos de Diego Taboada é asegurar a permanencia. A pasada campaña, o Rotogal Boiro Voleibol certificou a clasificación para a Copa do Rei cun triunfo por 2-3 a beiras do Miño.

Adestramento do Boiro Rotogal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.