As áreas de Cultura da Deputación e o Concello de Boiro sentan liñas de traballo conxunto

02 Decembro 2021

O deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, estivo este 1 de decembro en Boiro materializando liñas de traballo conxunto co Concello. Fíxoo co gallo da súa participación nunha xornada sobre cultura e sustentabilidade organizada pola entidade provincial. Na súa estadía en Boiro aproveitou para coñecer de primeira man o Pazo-Torre de Goiáns e a súa contorna e, tamén, para analizar vindeiras colaboracións na compaña do alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Na visita estiveron tamén o concelleiro, Raúl Treus; o técnico de cultura do Concello de Boiro, Alberto García; o asesor de cultura da Deputación, Xavier Campos; e os representantes da Fundación RIA, Manuel Rodríguez e Adrián Capelo.

Durante a estadía en Goiáns tiveron oportunidade de coñecer as obras de rehabilitación do inmóbel principal do pazo e tamén os avances que se están a dar dende a Comisión de Avaliación e Planificación acerca do futuro deste importante tesouro arquitectónico e cultural do Barbanza.

Durante o encontro, a concelleira, María Outeiral, presentou ao deputado algunhas das iniciativas que o Concello de Boiro, a través da área de Cultura, quere desenvolver co obxectivo de contar co apoio provincial para levalas a cabo. “O traballo conxunto entre as administracións é moi importante para desenvolver proxectos comúns en materia cultural, polo que o apoio que sempre presta a Deputación da Coruña é fundamental para desenvolver actividades”, afirmou a concelleira de cultura, María Outeiral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.