En Boiro detida unha parella na desarticulación dun punto de venda de droga

28 Novembro 2021
Garda Civil

A Garda Civil desarticulado un punto de venda de substancias estupefacientes e detivo a unha parella, veciños da localidade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
Trátase da fase de explotación da operación ‘Portal Two’, iniciada o pasado mes de setembro ao ter coñecemento a Benemérita da posible existencia dun punto de venda de drogas rexentado por un home e unha muller nunha vivenda do municipio.

Os efectivos acharon na vivenda 65 dose de cocaína cun peso total de 22,5 gramos, nove dose de heroína por 3,58 gramos, 718 comprimidos de metadona, 3.275 euros en moeda fraccionada, dúas balanzas de precisión e diversos útiles para a manipulación destas substancias.

A Garda Civil procedeu á detención desta parella como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos achados. Os apresados, as actuacións realizadas e os efectos incautados foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.