O Concello celebra a edición XVI da Carreira Popular Mar de Boiro

25 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Deportes, organiza unha nova edición da Carreira Popular Mar de Boiro, 14º memorial Pepe Buceta. A proba terá lugar o vindeiro 5 de decembro en horario de mañá. As inscricións para a carreira están xa abertas e poden facerse ata o 2 de decembro na web Emesports.es.

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e conta con tres categorías. As carreiras Mini e Supermini (ata 7 anos) serán de 200 metros de distancia e sairá ás 10.40 horas; a carreira curta (para escolares) será de 2.500 metros de distancia e sairá ás 11.05 horas e a carreira longa (para categoría xeral) será de 10.00 metros de distancia e sairá ás 11.00 horas, todas elas dende a rúa Principal.

As inscricións están xa abertas e poden facerse directamente na web de Emesports ata as 23.59 horas do xoves 2 de decembro. A inscrición para as categorías mini, supermini e escolares é gratuíta e, para a carreira longa é de 6 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.