“A política”. José Manuel Pena

23 Novembro 2021

“Espero que o seu irmán, aos poucos, irase tranquilizando e comprenderá a necesidade de organizar a súa vida, esquecéndose da política. Rógolle fágalle saber que non debe esquecer as miñas indicacións, convertendo o seu ideario político en parte moi secundaria do desenvolvemento da súa vida…”. Isto dicíallo un amigo a outro, a través dunha carta datada o 26 de febreiro de 1.935 e que chegou a min poder por casualidades da vida.
Esta circunstancia faime reflexionar sobre a ideoloxía, a valentía e o compromiso social de moitas persoas que seguiron
loitando polos seus ideais a través da política, ou o activismo social, en circunstancias difíciles, mesmo co risco
para as súas propias vidas. En España, ao longo das catro décadas da sanguenta ditadura militar, o poder establecido
animaba e “recomendaba” o pensamento único, convertendo a política nun privilexio duns poucos “triunfadores e bufóns” do poder.
Posteriormente a política viviu os seus mellores momentos grazas á chegada da Democracia, a liberdade e a división de poderes.
As ganas de transformar a sociedade e conseguir a utópica Xustiza Social leva á política española unha nova
xeración de servidores públicos, novos, que chegaron a colocar os cimentos dunha sociedade baseada nos Dereitos Sociais e o Estado do Benestar.
Anos despois as cousas cambiaron tanto que, actualmente, moitos integrantes da clase política achéganse ao poder para o seu propio lucro persoal e familiar. A corrupción e o enriquecemento ilícito, á conta dos orzamentos xerais, foi
e é unha práctica demasiado habitual. Os ideais pasaron a un segundo plano.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...